viernes. 03.05.2024
Estado dun tramo da estrada de Santo Agostiño, en Viana, antes das obras.
Estado dun tramo da estrada de Santo Agostiño, en Viana, antes das obras. | FOTO: Arquivo.

O estado da estrada de Santo Agostiño segue preocupando á veciñanza de Viana. Pasados tres anos dende a licitación das obras de mellora do firme, os arranxos da estrada non están rematados e continua presentando fochancas que dificultan o tránsito de vehículos, supoñen un risco na circulación e causan grandes inconvintes ós veciños.

O voceiro do PSdeG-PSOE en Viana do Bolo, Germán García-Ávila Arias, afirma que: “Nos meses de verán, tempo no que se acomenten este tipo de obras, a parálise das mesmas foi total; coincidindo, ademais, coa época na que moitas persoas regresan a Viana para desfrutar das vacacións e atopáronse cunha estrada nun estado lamentable”.

Fican oito quilómetros por arranxar na estrada de Santo Agostiño, un tramo que se atopa intransitable e que está a causar un gran malestar na veciñanza. A obra, logo de estar parada durante meses, “Retomouse fai unhas semanas, pero a nova a empresa que a asumiu decidiu abandonala", subliñan os socialistas de Viana.

fochancas-san-agostino Viana (FILEminimizer)
Unha mostra das fochancas que se poden ver no firme da estrada de Santo Agostiño.

O PSdeG-PSOE de Viana denuncia a "nefasta xestión que está a desenvolver a Deputación de Ourense" xa que a obra "nin está rematada, nin confiamos que se remate e máis cando vemos que foron varias as empresas que iniciaron os traballos e que ao pouco tempo os abandonaron, motivo polo que esiximos explicacións tanto á Deputación como ao Concello”.

Asemade, fan fincapé en que, coa chegada do outono, “as condicións meteorolóxicas non son as máis idóneas para este tipo de obras, polo que tememos que non se volvan retomar ata primavera, cos problemas que elo ocasiona á veciñanza que circula a diario pola mesma”.

Unha obra adxudicada hai tres anos, que contaba cun prazo de execución de oito meses, e pola que o Concello de Viana achegou 300.000€ dun total de 3,2 millóns de euros do presuposto das actuacións de mellora. Califican os socialista vianeses a situación como "caótica e esperpéntica”.

NOTICIAS VIANA | As eternas obras da estrada de Santo Agostiño