domingo. 28.04.2024
viana-184
Os boteiros de Viana do Bolo volverán saír ás rúas niste Entroido.

Viana do Bolo iniciaba as celebracións do seu Entrudio iste sábado pasado co desfile do fulión feminino animando as rúas dende o mediodía. Pero inda quedan moitos días máis para honrar a Don Carnal, incluíndo a celebración da Festa da Androlla, que cumpre 52 edicións niste ano. Velaí a programación do Entrudio 2024 en Viana do Bolo:

Xoves de Compadres, 1 de febreiro

  • 0:00h: colga do Lardeiro.
  • 20:00h: fariña, fulións e actuación da charanga "Alegría".

Sábado de Comparsas, 3 de febreiro

  • 11.00h: Comparsa Santuario do "Padre eterno".
  • 17:00h: Comparsa na aldea de Caldesiños.
  • 20:00h: inauguración da mostra de carteis do Entroido 2024, Sala de Exposicións do Concello. Fariñada e fulións.

Xoves de Comadres, 8 de febreiro

  • 0:00h: colga da Lardeira
  • 12:00h: desfile infantil do CEIP Bibei e fulión do IES Carlos Casares.
  • 20:00h: fariñada, fulións e actuacións das charangas "Os Caliqueños" e "Tómalle outra"
  • 00:00h: actuación de DJ Tariro na Praza Maior.

Sábado de Entrudio, 10 de febreiro

  • 11:00h: Comparsa na aldea de Rubiais.
  • 17.00h: Comparsa na aldea de Seoane de Arriba.
  • 20:00h: fariñada e fulións.
  • 23:00h: actuación da charanga "Ardores".

Domingo Gordo, 11 de febreiro

  • 11:30h: desfile de fulións, boteiros e carrozas dende o Toural ata a praza María Pita.
  • 15:00h: xantar 52ª Festa da Androlla.
  • 19:00h: fulións
  • 20:30h: actuación da charanga "Mekanica rolling band".

Luns de Entrudio, 12 de febreiro

  • 16:00h: desfile do fulión infantil dende o Toural ara a Praza Maior.
  • 17:00h: xogos e animación para a cativada na Praza Maior con DJ Tariro.
  • 20:00h: fulión trapalleiro.

Martes de Entrudio, 13 de febreiro

  • 12:00h: saída dos fulións e boteiros dende a rúa Toura e vermú no Cabo da Vila.
  • 16:00h: comezan a fariñada e os fulións.
  • 23:30h: saída dos fulións e entrada na Praza Maior.
  • 00:00h: queima dos Lardeiros.
  • 00:30h: baile e concurso de disfraces con DJ Tariro.

Mércores de Cinsa, 14 de febreiro

  • 18:00h: enterro da sardiña.
  • 19:00h: sardiñada e torradas no Cabo da Vila.

Boteiros, comparsas, fulións e fariña para festexar o Entrudio en Viana do Bolo