miércoles. 08.05.2024
Cartel do Entroido de Viana 2023
Cartel do Entroido de Viana.

O Concello de Viana fixo público este venres o cartel do Entroido de 2023, no que os boteiros son unha vez máis os protagonistas. Este ano recupera a normalidade, despois dal últimas edicións marcadas pola pandemia, e terá lugar do 4 ao 23 de febreiro.

Nesta gran festa non faltará nada da tradición que a converteu nun evento de Interese Turístico Galego. Ademais, a gastronomía estará presente coa Festa da Androlla, que agarda reunir a centos de persoas un ano máis. Nos vindeiros días, dende o Concello darán a coñecer toda a programación do seu Entroido.

Concursos

O Concello presentou as bases de dous dos seus concursos para o Entroido. No caso das carrozas, poderán participar en grupos organizados e terán a oportunidade de participar no desfile que percorrerá as rúas da vila. O prazo de inscrición estará aberto ata o 16 de febreiro ás 14:00 horas e pode tramitarse na Casa Consistorial. O xurado que as valorará estará composto por membros de asociacións culturais vianesas e por un traballador do Concello. Os premios a repartir son 1.000 euros para o primeiro, 750 para o segundo; e 500 para o terceiro. Consulta as bases completas aquí.

Outro dos concursos nos que se pode participar é o de disfraces. Os concursantes deben ter máis de 15 anos e as modalidades son individual ou en parella e grupos. O estilo é libre, pero o xurado valorará a orixinalidade, o bo gusto, o traballo e coreografía que aporten. A inscrición pode facerse ata o o 21 de febreiro na Casa do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Os premios que divídense polas dúas categorías. En individual ou parellas serán 200 euros para o primeiro, 150 para o segundo e 100 para o terceiro. Os grupo recibirán 300, 250 e 200 por orde do primeiro ao terceiro. Os gañadores coñeceranse o 21 de febreiro ás 00:30 horas na Praza Maior. As bases completas están dispoñibles aquí.

ENTROIDO 2023 | Viana presenta o cartel da súa festa máis importante do ano