Ten por obxectivo difundir a cultura da innovación entre o tecido empresarial
Xunta e CEO abrirán un punto de información permanente a emprendedores en Verín
23 de febrero de 2022 (11:47 h.)
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou este martes na presentación de Conecta Ourense, unha iniciativa impulsada en colaboración coa Confederación Empresarial de Ourense (CEO) que ten por obxectivo difundir a cultura da innovación entre o tecido empresarial, e axudar ás empresas e autónomos a dar o necesario salto cara á dixitalización, a sustentabilidade e a innovación.
Para iso, mediante o convenio asinado pola Xunta coa Confederación Empresarial de Ourense vanse abrir dous puntos de información e asesoramento da CEO nas comarcas de Valdeorras e Verín, para abranguer así unha área máis extensa e achegar este servizo a un maior número de pemes da provincia.