Os comerciantes organizan unha pitada para protestar pola decisión de non levantar as restricións na vila

Verín pecha as tendas e sae ás rúas ás 19:30 horas desta tarde

Cartel chamando á mobilización na vila de Verín.

A asociación de empresarios e empresarias de Verín organiza, para as 19:30 horas, un peche total dos seus establecementos e unha posterior pitada diante de cada unha das tendas e bares para protestar pola decisión da Xunta de Galicia que preside Alberto Núñez Feijóo de manter á vila con restricións cando en Carballiño os casos activos triplican os rexistrados no concello de Verín.