sábado. 20.04.2024
Ao cemiterio de Verín só se poderá entrar en grupos de catro persoas convivintes e non máis de media hora.
Ao cemiterio de Verín só se poderá entrar en grupos de catro persoas convivintes e non máis de media hora.

O Concello de Verín establecerá un protocolo especial de seguridade para o cemiterio municipal con motivo do Día dos Defuntos e a festividade de Todos os Santos. O horario de apertura e peche desta instalación os días 30 e 31 de outubro, e 1 e 2 de novembro, será de 9:00 a 21:00 horas ampliándose, desta maneira, para así facilitar as visitas a todos os cidadáns e cidadás que queiran achegarse ao camposanto.

Ademais da ampliación horaria, no que as medidas organizativas se refire, estableceranse, mediante cartelería situada en puntos estratéxicos, información sobre as normas sanitarias e os voluntarios de  Protección Civil de Verín proporcionarán xel hidroalcohólico á entrada do cemiterio. Tamén haberá un dispositivo de Protección Civil destinado a controlar o aforo no que se establecerá un máximo de 4 persoas por grupo de visitas do mesmo grupo familiar/persoas que viven xuntas; e a duración das visitas non poderá superar os 30 minutos.

En canto as medidas de protección persoal, deberase evitar o contacto físico sendo obrigatorio o mantemento da distancia de seguridade interpersoal de, alomenos 1,5 metros; e seguirase a normativa vixente en Galicia en canto ao emprego obrigatorio de máscara cirúrxica/hixiénica, así como da correcta hixiene de mans. Recoméndase tamén usar panos desbotables ao tusir ou esbirrar e desbotalos nunha papeleira tras o seu uso. De non dispoñer de panos desbotables, cubrir a boca e o nariz coa flexura do cóbado.

Só un máximo de catro convivintes e non máis de media hora para lembrar aos defuntos...