martes. 16.04.2024
edila
Rosario Rodríguez, edila de Réxime Interior do Concello de Verín, con Lorena Álvarez, directora do CIM da Mancomunidade.

Dúas mulleres vítimas de violencia de xénero terán a oportunidade de integrarse de novo no mercado laboral, alomenos por nove meses, grazas a contratación que o Concello de Verín vén de formalizar para o seu servizo de limpeza municipal, logo de obter unha achega da Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia, da man da Secretaría Xeral de Igualdade. Na selección das dúas novas contratadas da institución municipal participaron, de xeito coordinado, o Centro de Información de Muller (CIM) da Mancomunidade de Verín e a área de Servizos Sociais do Concello verinense. 

Acadar unha integración plena destas mulleres buscando dotalas dunha maior autonomía a través da independencia económica é o principal obxectivo que persegue con esta actuación o Concello de Verín. "Iniciativas coma estas permítenos completar as intervencións que se realizan desde a área de Servizos Sociais do Concello e desde o CIM da Mancomunidade de Verín, xa que temos constancia de que cando estas mulleres conseguen o primeiro emprego relativamente estable, entran no mercado laboral, logrando así unha mellora radical das súas vidas", salientou Rosario Rodríguez, concelleira de Recursos Humanos e Réxime Interior da institución municipal verinense. 

Temos constancia de que cando estas mulleres conseguen o primeiro emprego relativamente estable, entran no mercado laboral, logrando así unha mellora radical das súas vidas

Segundo destacou Rodríguez, "esta oportunidade que nos brinda aos Concellos a Secretaría Xeral de Igualdade para por en marcha unha vía de saída e posibilitar a introdución no mercado laboral das mulleres que sofren esta lacra social, non pode pasarnos de largo, hai que aproveitala, como decidimos facelo en Verín. E unha mágoa que os Concellos lindantes non o fixeran, agás Monterrei, que tamén formalizou unha contratación", criticou Rosario Rodríguez. 

"PONTE DEFINITIVA PARA A RECUPERACIÓN INTEGRAL" 

Dende o CIM consideran que a inserción laboral é a ponte definitiva para a recuperación integral das mulleres que sufriron violencia. "Polo xeral, existen diferentes barreiras que separan as nosas usuarias da completa integración social na nosa contorna, e unha delas é o desemprego. Súmase esta circunstancia a que moitas mulleres que están a sufrir violencia de xénero asumen o coidado dos seus fillos e tamén persoas maiores, co cal conciliar a vida laboral e o emprego resulta difícil", apuntou Lorena Álvarez, directora do CIM da Mancomunidade de Verín.

Dúas vítimas de violencia de xénero terán traballo nove meses no Concello de Verín