jueves. 02.05.2024
"Poncho", a la izquierda con su guitarra, en una imagen del archivo familiar.
"Poncho", á esquerda coa súa guitarra, nunha imaxe do álbum familiar.

Algunha vez con certeza, a todos nos chega o ocaso. Esa fase da vida que non queremos que suceda nin desexamos, pero forma parte da mesma existencia. A natureza ten por obriga seguir co seu designio, non ten unha meta definida. Ó chegar a este estado, os homes desaparecen pero quedan vivos os seus feitos. Marcha o corpo pero os recordos permanecen, que si son bos fanse eternos, reverdecen, reviven e son exemplo para os que quedan.

O "Dos Hermanas" perde ó derradeiro bastión e testemuña dos afamados auguistas que viñan no antano a esta vila a curarse bebendo auga e desfrutar da bonhomía da xente de Verín.

Hoxe o barrio e a fonte de Sousas están de loito, como tamén loce o lazo fúnebre a xoiería familiar. A Praza da Merced vístese a media asta e Laura, a miña querida Laura, padece a dor da despedida. O "Dos Hermanas" perde ó derradeiro bastión e testemuña dos afamados auguistas que viñan no antano a esta vila a curarse bebendo auga e desfrutar da bonhomía da xente de Verín. A coral da vila recorda o seu paso firme polo mundo da canción compartida dun veciño insigne, sensible e fino para as dotes máis sublimes. Un humilde ó servizo dunha fermosa causa: o feitizo de botar fóra do corpo a fermosura do canto.

Todos os días laborais do ano botabamos unha parrafada no medio do seu paseo da casa ó negocio. Parábase a falar, e da súa boca soamente saían palabras cara a beleza da música e o bo facer dos músicos. O seu ánimo sempre me reconfortou na miña labor do ensino de tan nobre disciplina.
 

Amigo "Poncho", como tamén lle chaman ó traxe dos mariachis, descansa con sosego e tranquilidade, coa mesma que tiveches na túa vida. Dou fe de que fuches un home sinxelo como a natureza, dos que sabía pasar ó outro lado sen chamar a atención, e sempre parábaste no momento xusto ó tempo certo. Nas escolas cristiáns aprendiches a nobre maneira de ser instrutor e fuches un antigo alumno da Salle moi exemplar e responsable, atento e presente en todos os actos que se organizaban na vila. Fiel ós Mercedarios, como veciño e compañeiro... Un profesional da beleza e da estética, da orde e do propio tempo. Amigo dos amigos e defensor en silencio das causas máis xustas e honorables.

Un profesional da beleza e da estética, da orde e do propio tempo. Amigo dos amigos e defensor en silencio das causas máis xustas e honorables. 

Tiveches unha linda voz disciplinada, que nunca se escondeu detrás dunha senlleira persoa. "Poncho" Moreiras, gran conversador, un dintel da música máis calada e artista do sublime en soidade. Como reza un vello proverbio arxentino: "Párate donde oigas canciones, que la gente mala no sabe cantar”. Creo que está todo dito.

WhatsApp Image 2021-10-15 at 15.20.55"Poncho", nunha imaxe do pasado 2020, no seu domicilio familiar. | FOTO: "Chita".
 

Non fai moito tempo, tiven a oportunidade de entrar na súa casa da man do meu amigo Miguel "Chita" -propietario do vídeo que se achega-, e facelo bailar coa súa sempre Laura ó son do acordeón. Foi unha tarde inesquecible. Seguramente a lucidez que tiña naquel momento, recen saído do noso querido hospital, e acompañado de Casiano e Amparo, o compañeiro acordeonista da súa mocidade, permitiulle botar un precioso baile, valorado polos centos de visitantes das redes sociais que aplaudiron ese momento público. Foi un instante adecuado para ser feliz e facer feliz a moita xente que admirou os pasos dun valse no centro do seu salón. Que grato recordo sementaches na miña vida e na de Miguel, e creo que seguramente foi o derradeiro baile! Espero que probaras o noso aceite.  

Lorenzo e Chelis esperan felices por ti, para retomar de novo esa amizade musical chamada "Os nocturnos". A ledicia da mocidade dos mellores anos do século pasado. Seguramente eles están esperando ansiosos a túa compaña e alégranse de que chegues pronto ó seu lado e os sigas toda a eternidade. Pero nós, aquí, no paraíso sensible, entristecémonos porque viaxas cara o infindo mundo do ilimitado e a túa fermosísima voz apagouse na miña contra e na contra de todos os veciños e amigos de Verín.

Nós, aquí, no paraíso sensible, entristecémonos porque viaxas cara o infindo mundo do ilimitado e a túa fermosísima voz apagouse na miña contra e na contra de todos os veciños e amigos de Verín. 

Non te esquezas de levar contigo a guitarra, esa caixa sonora que pulsabas con sensibilidade, para entoar os agarimosos boleros ó lado dos teus compañeiros. Soará de novo aquela acariñada cantiga: "No puedo negarlo mi amor, estoy celoso”.

Por todo isto agora entendo que o teu segundo apelido tamén era Grande, coma ti. 

Moi agradecido de ser o voso amigo.

Laura, a túa meixela sempre me regalou un bico. Ánimo.



 

Alfonso Moreiras Grande, "Poncho", propietario de la afamada joyería Alyla de Verín, falleció esta viernes 15 de octubre a los 92 años de edad

Sus restos mortales están siendo velados en el Nuevo Tanatorio "La Paz", de Pazos (Verín).

El funeral por su eterno descanso tendrá lugar este sábado, 16 de octubre, a las 12:00 horas en la Iglesia Parroquial Santa María la Mayor de Verín



NOTA DE LA REDACCIÓN: El equipo de Diario do Támega quiere también sumarse al dolor por la pérdida de un hombre bueno y envía desde aquí nuestras más cálidas condolencias a su viuda, hijas y yerno. Queremos también agradecer a Edelmiro Luis De Mateo García y a Miguel Ángel Prieto Sotelo "Chita" su colaboración en la elaboración y documentación de este merecido obituario a la figura, historia y memoria, ya, de Alfonso Moreiras Grande
 

OBITUARIO | Alfonso Moreiras Grande "Poncho"