A Denominación de Orixe Monterrei trasladou algúns do seus viños ata Vigo para participar nunha nova iniciativa promocional, na que participaron máis de medio centenar de profesionais da canle HORECA (hoteis, restaurantes e cafés) da provincia pontevedresa.
A actividades tivo lugar no Círculo de Empresarios de Galicia e participaron representantes do sector da hostalaría, da distribución, sumillería ou restauración. Entre eles atopábanse membros dos establecementos Casa Marco, Alameda 10, A de Quique, Chinchorro, Lourido, Rueiro, Veloso ou O Retiro da Costiña. Tamén participaron membros de Distribuciones Galicor ou Pablo Piñón, ou xornalistas de medios como Faro de Vigo, La Opinión de A Coruña, Onda Cero ou Cepas y Vinos, entre outros.
Os asistentes a esta iniciativa recibiron información sobre as características edafoclimáticas do territorio vitivinícola de Monterrei, a súa tradición e historia, ademais de datos sobre as variedades de uva ou as tipoloxías de viño. Así mesmo, puideron coñecer as peculiaridades dos viños das adegas que formaron parte desta acción promocional: Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, Castro de Lobarzán, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Abeledos, Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Manuel Vázquez Losada e Manuel Regueiro García.
Lara Da Silva, presidenta do Consello Regulador da D.O. Monterrei, sinalou que este tipo de iniciativas están "permitindo que as nosas adegas amplíen as canles de comercialización para os seus produtos". No caso de Vigo, repetiron co Túnel do Viño porque "se trata dun mercado atractivo para o que nós vendemos, polo importante número de establecementos de hostalería e restauración cos que conta”, engadiu.