domingo. 19.07.2026
Pacientes de Verín reciben asistencia no hospital comarcal

NOTICIAS VERÍN | Na provincia detéctanse ao ano uns 200 casos de cancro de mama

Jesús García Mata, xefe do servizo de Oncoloxía do CHUO.
Jesús García Mata, xefe do servizo de Oncoloxía do CHUO.

A área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras únese hoxe para celebrar o Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama. No CHUO, diagnostícanse unha media anual de 200 novos casos, na súa maioría cun estadio precoz que eleva as posibilidades de curación ao 90%. Ademais, moitas destas pacientes poden recibir o seu tratamento e seguir as súas consultas directamente nos hospitas de Verín e Valdeorras, preto da súa casa e evitando desprazamentos periódicos.

Neste ano, 604 pacientes, maioritariamente mulleres e algún home, accederon á vía rápida de cancro de mama. Isto permite axilizar a primeira consulta no caso de sospeita por parte do médico de cabeceira ou doutro especialistas, no máximo de dous días, o que adianta os prazos de estudos diagnósticos e o tratamento, se é preciso.

O incremento da detección precoz, o avance dos medios diagnósticos e terapéuticos, a mellora do abordaxe e a coordinación multidisciplinar, a protocolización dos procesos e o alto grao de implicación de tódolos servizos, permitiron que nos últimos anos se aplicasen tratamentos individualizados, á medida das necesidades e características de cada paciente e, na maioría de casos, cunha resposta cirúrxica conservadora.

Dende a área sanitaria seguen poñen o foco de atención noutro piar importante, como é a prevención. Os hábitos de vida saudables e a participación na campaña de detección precoz cancro de mama da Consellería de Sanidade cando se é convocada, son claves, especialmente neste último caso, xa que a realización dunha mamografía de control segue a ser o método mais eficaz de detección. Avanzar na investigación tamén permitirá unha mellor nos diagnósticos destes pacientes.

Os profesionais e servizos implicados no diagnóstico dos pacientes de cancro de mama no CHUO mostraron o seu apoio a que o sofre baixo o lema "Pechando filas co paciente", xa que tamén queren poñer en valor o traballo en equipo para que non haxe fendas na asistencia. Nela están implicados os servizos e unidades de Oncoloxía Médica, Oncoloxía Radioterápica, Unidade de Radiodiagnóstico de Mama, Unidade de Cirurxía de Mama, Anatomía Patolóxica, Medicina Nuclear e Farmacia, que envían unha mensaxe de esperanza e tranquilidade ás mulleres que afrontan este proceso asistencial.

Detección precoz e investigación

Técnicas como o ganglio centinela e a mellora doutras de diagnóstico permiten detectar cada día con maior precocidade estes tumores, incrementando o número de lesións non palpables. Dende o servizo de Oncoloxía Médica ofrécense a totalidade de tratamentos existentes, dándose unha resposta individualizada a cada muller, adaptando os tratamentos quimio-hormonoterápicos a cada caso e variando as secuencias destes.

Agora mesmo, o Hospital Universitario de Ourense ten múltiples liñas de investigación abertas, entre as que destaca a súa participación nun proxecto internacional para mellorar a calidade de vida e afondar no seguemento dos e das pacientes recuperadas de cancro, mediante o emprego da intelixencia artificial e aplicación da análise de gran volume de datos.

“Persist”, como se denomina o proxecto, está a realizar un seguemento de 160 pacientes voluntarios, 40 deles do Servizo de Oncoloxía do Hospital Universitario de Ourense, recuperados dun cancro de mama ou colorectal, os dous dos máis frecuentes. O resto de pacientes participantes foron seleccionados no Centro Clínico Universitario de Maribor (Eslovenia), o Centro Hospitalario Universitario de Lieja (Bélxica) e o Instituto de Medicina Preventiva e Clínica da Universidade de Latvia (Letonia).

NOTICIAS VERÍN | Na provincia detéctanse ao ano uns 200 casos de cancro de mama