sábado. 20.04.2024
A ocnselleira de Promoción de Emprego e Igualdade inaugurou o primeiro polo de emprendemento en Verín o pasado mes de xullo.
A ocnselleira de Promoción de Emprego e Igualdade inaugurou o primeiro polo de emprendemento en Verín o pasado mes de xullo.

O Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Ourense centro e sur, ubicado en Verín, ofrecerá un curso dirixido a emprendedores que será a estrea da Academia Makers creada pola Xunta. O 30 de agosto dará comezo este obradoiro de competencias básicas de emprendemento dirixido a maiores de 18 anos cunha idea de negocios que queiran desenvolver baixo unha filosofía maker, que rematará o 22 de setembro.

 

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ó Emprego, Margarita Ardao, presentou esta actividade nunha visita ó polo de Verín, onde estivo acompañada polo delegado da Xunta, Gabriel Alén. A Academia Markers inicia así a súa andadura co obxectivo de impulsar a capacitación para a creación de empresas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. "O programa Emprende Makers pon en marcha esta academia, coa misión de entregar os espazos, as ferramentas ás persoas que se queiran formar, innovar e reinventar empredando tecnoloxías de fabricación dixital baixo a filosofía de faino ti mesmo", destacou Ardao.

 

A cultura maker, explicou a directora xeral de Emprendemento e Apoio ó Emprego, supón un activo "crucial" para a sociedade e o seu texido empresarial e industrial, cunha metodoloxía basada na idea de aprender "sobre o que se fai". Isto permite democratizar o desenvolvemento de actividades e procesos innovadores que se levan a cabo na economía productiva, fomentando así o espírito de innovación.

 

O curso consta de 20 horas que se repartirán en 8 sesión, catro presenciais e outras tantas en liña, nas que se ofrecerán recursos e información necesaria para transformar as ideas en negocios. As inscricións para esta actividades están abertas e dispoñibles aquí. "É unha oportunidade para os máis novos, pero tamén para o reciclaxe informar ao longo da vida profesional e para a apertura de oportunidades laborais, dende o emprendemento. e o acceso a novos nichos de empleabilidade", resaltou Ardao.

 

A actividade, financiada con fondos do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, espera poder asesorar a máis de 60 proxectos e dar orixen a unhas 30 empresas, 20 delas en Galicia.

NOTICIAS VERÍN | A Xunta estrea a Academia Makers cun curso de emprendemento en Verín