O luns estarán á venda as entradas da xuntanza, cun menú de tenreira ó espeto

NOTICIAS VERÍN | Os Remedios vai de festa cunha gran comida popular o 3 de xullo

Karlos Ibarrondo cociñando tenreira ó espeto.

Vilamaior reunirá á súa xente no Campo de Os Remedios para unha gran comida popular o próximo 3 de xullo. A cita contará cun exquisito menú no que a tenreira ó espeto será o prato principal. Para degustala, o cociñeiro vasco Karlos Ibarrondo virá ata Verín para preparala en directo ante os comensales.

A xuntaza comezará ás 14:00 horas e precísase dunha entrada, que se porán á venda o próximo luns. Os asistentes degustarán esa tenreira ó espeto, preparada polas mans de Ibarrondo, que está especializado na técnica do "burduntzi". Esta forma de asar, que consiste no asado sobre brasas de carbón vexetal a fogo lento e constante, é orixinaria de Elorrio, en Biscaia, e os asistentes que merquen unha das entradas que custarán 25 euros, verana en directo.

Técnica do "burduntzi" empregada polo cociñeiro Karlos Ibarrondo.

 

Como non pode ser doutro xeito, a tenreira estará acompañada dos viños da D. O. Monterrei e o menú completarase con empanada, pan e postre. A Xunta de Montes de Vilamaior e a D. O. Monterrei son os organizadores desta xuntanza. O Concello de Verín é entidade colaboradora.

As entradas para a comida poranse á venda o luns.