Ás 19:00h no estadio José Arjiz

NOTICIAS VERÍN | O Verín C. F. conmemora o domingo o seu medio século nun partido contra o histórico Pontevedra

Partido conmemorativo do medio século de vida do Verín C. F. este domingo no Arjiz.

O Verín C. F. segue a festexar os seus primeiros 50 anos de vida con diversos actos e actividades. Desta volta, cun convidado de excepción, o Pontevedra C. F., conxunto co que se cruzou por primeira vez en competición oficial hai 40 anos. Ambos disputarán un encontro conmemorativo -o Trofeo 50 aniversario- este domingo 29 ás 19:00h no estadio José Arjiz, para o que xa se poden adquirir as entradas.

Ana e Bea, colaboradoras do club, promocionando o partido do 50 aniversario na praza García Barbón.

Acudir a este partido especial ten premio, xa que os titulares das entradas entrarán nun sorteo de xamóns, pack de viños e produtos oficiais do club. Segundo informan dende a institución, os socios poderán recoller os seus respectivos carnés nas oficinas do club o propio día do partido a partir das 17:00h.