jueves. 25.04.2024
Marina Ortega
Marina Ortega. | FOTO: Cedida.

Este xoves, Marina Ortega, dáballe voz no Parlamento á Plataforma veciñal de Verín que alertou da falta de pediatras e impulsou a pasada manifestación do 11 de febreiro á que asistiron milleiros de persoas. Con todo, manifesta que actualmente “non se están a cubrir os protocolos de revisións pediátricas” en nenos e nenas en tempo e forma, xa que no mellor dos casos son cubertas por unha enfermeira, sen a participación dun pediatra.

Ademais, informaba que as urxencias pediátricas non existen na práctica, xa que son derivadas ao hospital de referencia o que fai inviable o seguimento acaído ás doenzas infantís por parte do profesional pediátrico. Deste xeito, son moitos os pais e nais que se ven obrigados a acudir á sanidade privada en Ourense, a máis de 70 quilómetros de distancia, o que implica gasto de tempo e de cartos. Un prezo que as familias están obrigadas a asumir xa que non é asumido pola Seguridade Social, o que multiplica os sobrecustes provocados polas carencias na pediatría pública en Verín.

 Criticou tamén a falla de sensibilidade amosada polo goberno galego ao restarlle servizos a comarcas como as de Verín ou Valdeorras, a moitos quilómetros de distancia non só do Hospital de Ourense, ao que teñen que desprazarse cando fallan os seus pediatras, senón que están obrigados a desprazarse dúas horas e media ata Vigo porque o goberno galego suprimiu o servizo de prematuros.

Así, a Comisión de Sanidade do Parlamento aprobaba ese mesmo día unha proposición non de Lei do PSdeG para esixirlle á Xunta que cubra as prazas de Pediatría asignadas a Verín. A responsable socialista denunciou o “agravio” na asistencia sanitaria pediátrica da comarca, logo da supresión do servizo de Prematuros, a resistencia do Sergas a contratar substitutos para cubrir as baixas de médicos da especialidade, e a solución temporal no mes de xaneiro de 2023, da atención dunha médica de familia na consulta de pediatría sen aviso aos pais/nais ou titores das crianzas.

Ortega reclamou a cobertura de “tódalas prazas de pediatría na comarca de Verín”, logo de que en 2021 amortizaran unha das tres prazas no Centro de Saúde e outra delas quedara descuberta por unha excedencia en 2022, co que o servizo quedou “absolutamente desbordado”. Reclamou ademais, unha solución definitiva e sen parches, para cubrir o servizo, logo de que o Sergas optara pola decisión de prolongarlle a xubilación a un médico. 

NOTICIAS VERÍN | O Parlamento aproba a proposta do PSdeG para que se garanta a...