A Consellería habilitou o número 900 815 085 para denunciar

NOTICIAS VERÍN | Medio Rural pide axuda cidadá para dar caza ós incendiarios de Verín

Un dos focos de lume que cerca Verín.

A Consellería de Medio Rural lanza unha mensaxe a través das redes na que piden colaboración cidadá ante a visible intencionalidade dos lumes que cercan Verín. A través dun texto publicado en Twitter, solicita que calquera que teña algunha sospeita sobre un posible responsable contacte con eles no 900 815 085. A chamada é totalmente gratuíta e a denuncia anónima.