Un bombeiro da Brif de Laza sufriu un golpe de calor e trasladárono ó hospital
NOTICIAS VERÍN | O lume cerca á vila con máis dunha decena de focos activos
03 de agosto de 2022 (18:05 h.)
Medio Rural confirma a presenza de máis dunha decena de focos activos que están a cercar Verín. A proximidade das lapas ás vivendas mantén o nivel 2 de emerxencia e tanto efectivos aéreos como terrestres traballan para controlar a situación, que nestes momentos é complicada.
A Brif de Laza atópase entre os efectivos de extinción desde o primeiro momento e enfróntanse ás dificultades. Un dos brigadistas tivo que ser trasladado ao hospital por un golpe de calor e encóntrase estable.
O tráfico tamén se está a ver afectado polo avance das lapas. A estrada OU-114 que comunica Verín con Campobecerros permanece pechada ó tráfico. A N-525 que une Verín con Madrid tamén se cortou á altura do quilómetro 165 polo efecto do fume.