Representará ao sector produtor galego no Consello Regulador
NOTICIAS VERÍN | José Ramón González, novo vicepresidente da IXP Carne de Vacún
09 de marzo de 2023 (22:08 h.)
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, presidiu este xoves a constitución do novo pleno do consello regulador das indicacións xeográficas protexidas (IXP) Carne de Vacún de Galicia, no marco das renovacións dos órganos de goberno de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario, segundo o establecido na orde da Consellería do Medio Rural publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado no 10 de novembro.
Así, este novo pleno quedou conformado por 16 vogalías, das cales dúas corresponden á Asociación Gandeiros Galegos de Suprema; dúas a Unións Agrarias; un perténcelle ao Sindicato Labrego Galego; tres son para a Asociación Agraria de Galicia e, os oito restantes son da Asociación Galega da Carne.