As lapas afectan á fábrica de Sousas

NOTICÍAS VERÍN | Os incendiarios queren queimar Verín: novos focos de lume entre A Rasela e Queirugás

As lapas, afectando á zona de almacenamento da fábrica de Sousas.

Segundo confirma o propio rexedor municipal, Gerardo Seoane, e tamén dende Medio Rural, veñen de detectarse novos focos de lume nas proximidades da vila de Verín -entre A Rasela e Queirugás- xusto no momento no que as lapas do incendio de Ábedes comezan a afectar ás instalacións da fábrica de Aguas de Sousas, onde xa se están consumindo algunhas das caixas de embotellamento almacenadas no exterior das instalacións.