miércoles. 24.04.2024
Participantes en DisCamino, ao seu paso polo alto das Estibadas. | FOTO: Xosé Lois Colmenero
Participantes en DisCamino, achegándose ao final da etapa de hoxe en Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero

O Camiño de Santiago é un dos atractivos e identificadores máis coñecidos de Galicia a nivel mundial pero, neste ano, máis se cabe, pois estamos inmersos en pleno Ano Xacobeo. Peregrinos de todas as partes do mundo camiñan cara Compostela e, agora, grazas a unha iniciativa solidaria, DisCamino, as persoas con mobilidade reducida tamén o poden realizar. "Está pensado para que as persoas discapacitadas poidan cumprir o seu soño de facer a ruta xacobea", apuntan na súa páxina web.

A asociación, que naceu no 2009 da man de Javier Pitillas, facilita a persoas con limitacións de calquera parte do mundo os medios para facer o Camiño de Santiago coa utilización de material como triciclos, tándems, handbikes e triciclos-silla de rodas, destinados estes últimos a persoas que non poden utilizar nin brazos nin pernas.

Participantes en DisCamino, ao seu paso polo alto das Estibadas. | FOTO: Xosé Lois ColmeneroParticipantes en DisCamino, achegándose ao final da etapa en Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero

Así, cada un dos 21 participantes, enfundados no trebello que lles toca e acompañados de dispostos axudantes, prepáranse para percorrer os 2.800 quilómetros de ruta, repartidos en sete tramos. O primeiro, no que se atopan agora, consta de sete etapas. Hoxe tivo lugar a terceira, un percorrido de 70 quilómetros que rematou en Verín procedente de San Cibrao das Viñas, Ourense. Mañá continuarán a ruta dirección á Gudiña, que lles permitirá chegar a Santiago, previsiblemente, o vindeiro día 3 de outubro. "Temos que organizar todo de antemán, saber exactamente que día chegamos, con etapas definidas e aloxamentos adaptados. Polos problemas de mobilidade dos participantes, non podemos facer noite en calquera lugar", conta Javier.

Vínculo coa comarca

Este colectivo non é descoñecido para un dos nosos rostros máis queridos, o actor e director Rubén Riós"É un proxecto marabilloso, algo que nunca atopara antes. Un proxecto de empatía, deporte, inclusión, Camiño de Santiago. Un proxecto moi completo. Ás veces pensamos que esas persoas non son capaces e con DisCamino descóbrese que si", conta Rubén, quen está intimamente ligado a este colectivo dende hai catro anos e co que rodou un proxecto audiovisual que verá a luz o vindeiro ano 2022, "Outros camiños". "O que fai Javier Pitillas no deporte, intento facelo eu no cine e, por iso, unimos as nosas forzas", engade.

Dende entón Rubén segue á causa moi de preto. Os peregrinos de DisCamino tamén foron espectadores de luxo na proxección dos seus documentais "Vida" e "Máis ca vida", protagonizados por persoas con discapacidade intelectual e que recentemente foron nominados aos premios Celtic Media Festival, celebrados en Zagreb, Croacia.

NOTICIAS VERÍN | 'DisCamino', a peregrinación a Compostela máis accesible, pasa por Verín