viernes. 26.04.2024
O escritor verinense Xosé Carlos Caneiro, na entrega de premios dun dos últimos certames.
O escritor verinense Xosé Carlos Caneiro, na entrega de premios dun dos últimos certames.

Para fomentar a creatividade literaria das persoas que estudan nos centros de ensino da comarca, o Concello de Verín, coa colaboración de GADIS, convoca os certames de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e de Poesía Xosé Carlos Caneiro. 

O departamento de Cultura do consistorio local vén de facer públicas as bases de ambos concursos, que son as seguintes:

  • Poderán participar persoas matriculadas en Primaria ( ou ), ede ESO, e e de ESO en calquera dos centros da comarca de Verín.

 

  • O poema será orixinal e inédito, de tema e estilo libre; estará escrito en galego; presentarase cun pseudónimo e poderá levar "título"; e non superará os 24 versos. A persoa autora terá que concibilo para ser editado con caracteres tipográficos sobre un formato DINA4.

 

  • No caso do relato, terá que ser tamén orixinal, inédito, con tema e estilo libre, escrito en galego; presentarase cun título e un pseudónimo; a extensión non superará os 2.800 caracteres (un DIN A4, escrito por unha cara, con tipo Times New Roman de corpo 12, marxes estándar [2 cm] e un entreliñado de espazo e medio).

 

  • A fase de preselección realizarase segundo o criterio de cada centro participante, que poderá enviar á fase de selección un máximo de tres poemas ou tres relatos, segundo o certame, creados por persoas distintas matriculadas no centro, en cada unha das tres categorías.

 

  • Os poemas -ou relatos, segundo o concurso-preseleccionados en cada centro enviaranse a [email protected], antes das 12:00 horas do 6 de maio, en ficheiro en formato PDF que se denominará co PSEUDÓNIMO (utilizado pola persoa autora) seguido de _P56 (se é de Primaria), _E12 (1º e 2º de ESO) ou _E34 (3º e 4º de ESO). 

 

  • O Xurado Cualificador estará composto por persoas con dereito a voz e voto, propostas pola Concellería de Cultura e Educación do Concello de Verín, e por un secretario, con voz e sen voto, que representará á organización. As súas decisións serán inapelábeis.

 

  • Todas as persoas autoras dos traballos finalistas recibirán un diploma e un lote de libros.

 

  •  En cada unha das tres categorías da cada premio entregaranse os seguintes premios: 90 euros ( premio), 60 euros ( premio) e 30 euros ( premio). De estimalo o Xurado, algún poderá quedar deserto.

 

  • O Concello de Verín resérvase o dereito de publicación dos poemas premiados con dotación económica en calquera formato e sen límite de edicións. Para acreditar a orixinalidade e o feito de non estaren editados, as persoas autoras e as persoas titoras das mesmas asinarán unha declaración. Os premios en metálico consideraranse compensación económica pola cesión de dereitos. De cada edición que se faga, as persoas autoras terán dereito a recibiren tres dos exemplares publicados.   

 

  • Para incentivar a lectura e escritura en galego, a cada centro que presente tres traballos preseleccionados que cumpran con estas Bases entregaráselle un bono para adquisición de libros por importe de 60 euros en cada un dos niveis nos que participe na fase final.

 

  • A organización resérvase o dereito de interpretar ou modificar estas Bases, informando aos centros participantes.
 

 

NOTICIAS VERÍN | Convocados os concursos literarios Fernández Pérez e Xosé Carlos Caneiro