Estará estacionado ata o venres no parque da Preguiza

NOTICIAS VERÍN | Chega á vila o autobús dos "Coidados porta a porta" da Xunta

Do 15 ao 17 de agosto, ese mesmo autobús estivo na praza do Concello de Oímbra.

A Xunta de Galicia puxo en marcha o programa de Coidados porta a porta, que percorrerá todos os concellos de Galicia, excepto as sete cidades, para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a máis de 100.000 galegos. Dende este martes e ata o vindeiro venres 26 de agosto, o camión estará estacionado no parque da Preguiza, a carón da Alameda. Poderán achegarse ata el todos aqueles maiores de 55 anos, sempre que soliciten cita previa nos teléfonos 622 748 283 - 623 546 992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Os servizos que prestan, todos gratuítos, son os seguintes:

  • Podoloxía: Faise unha consulta básica; unha valoración do estado xeral do pé, un corte e limpeza de uñas, eliminación de durezas, callos e helomas.
  • Audioloxía: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
  • Estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e proporcionará pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e minorar unha deterioración, en caso de habela.