NOTICIAS VERÍN | Peche simbólico dos centros veterinarios da vila polas restricións para recetar medicamentos
Esta mañá os centros veterinarios de Verín pecharon as súas portas durante media hora, sumándose ao acto reivindicativo que se levou a cabo en toda España como protesta ante a nova normativa sobre medicamentos veterinarios. Unha lei que, tal e como denuncia a profesión veterinaria, supón cargarse o benestar animal, o código deontolóxico e o criterio clínico facultativo.
Un peche simbólico porque consideran que a lei crea restriccións que afectan á calidade da atención aos animais e, tamén, á dignidade profesional ao limitar a prescripción, non favorecer o criterio clínico e obrigar a pautar medicamentos que poden non estár indicados para as patoloxías.
É dicir, unha lei que limita a prescripción do tratamento ao prospecto do produto, basado nos estudos da farmacéutica que os comercialeza pero non na indicación médica basada na bibliografía e na evidencia científica. Sen embargo, existen fichas clínicas de produto que non foron actualizadas dende o 2003, polo que están obsoletas ante o avance dos estudos científicos; se hai novos fármacos máis indicados para calquer doenza non se poden utilizar.
Unha lei para limitar o uso de antibióticos
A limitación do uso de antibióticos é unha necesidade urxente, pero a prescripción veterinaria supón só o 0,08 % do total en España. E hai que sumarlle que a falta de formatos axeitados fai que se teñan que prescribir envases nos que sobra máis medicación da necesaria para o tratamento.
"El veterinario muchas veces está condenado a prescribir envases en los que sobra más medicación de la necesaria para el tratamiento, hecho que genera una mayor cantidad de residuos a nivel medioambiental, favorece la automedicación y potencia la creación de antibiorresistencias, obviando el ampliamente reconocido concepto de One Health y resultando en el efecto contrario al que se pretende conseguir con esta regulación", sinalan dende EmpreVet, a asociación que aúna as patronais veterinarias de Aragón (AEVAR), Galicia (EVGAL), Málaga (AEMAVE) e Sevilla (CEVE SEVILLA).
O Real Decreto 666/2023, polo que se regula a prescripción, dispensación e uso de medicamentos veterinarios, comezou a aplicarse o ano pasado no gando e foi a comezos do 2025 cando a súa aplicación se fixo obrigatoria nos pequenos animais e nas mascotas.