
O Concello de Verín, Abanca e Afundación asinaron esta mañá un convenio de colaboración cultural mediante o cal as tres entidades levarán a cabo a exposición “A arte do gravado de Picasso a Barceló”.
Á firma asistiron o alcalde de Verín, Gerardo Seoane; a coordinadora institucional para Lugo e Ourense da Fundación Galicia Obra Social, Beatriz María Fernández Rodríguez e o director da oficina de Abanca de Verín, Pablo Villar.
A mostra
A exposición, de entrada libre e gratuíta, inaugurarase o próximo 6 de outubro na Sala de Exposicións do Concello de Verín, onde se poderá visitar ata o 5 de novembro, de luns a venres en horario de 17:00 a 21:00 horas.
Esta mostra, composta por obras gráficas seleccionadas entre os fondos da Colección de Arte Afundación, permítenos coñecer mellor a obra dalgúns da mestres da arte española do século XX, entre os cales sobresaen tres grandes xenios internacionais da pintura e que o foron tamén da arte da estampa: Salvador Dalí, Pablo Picasso e Joan Miró.
Con esta exposición, a parte de enmarcarnos no panorama da época, descubriremos como as distintas técnicas de gravado; mentres, a litografía e a serigrafía reivindican o seu valor técnico e estético e diferéncianse así do resto das manifestacións artísticas.