sábado. 20.04.2024
Na concentración participaron, entre outros, os socialistas Juan Carlos Francisco e Marina Ortega, candidatos por Ourense ao Parlamento de Galicia. | FOTO: Noelia Caseiro.
Na concentración participaron, entre outros, os socialistas Juan Carlos Francisco e Marina Ortega, candidatos por Ourense ao Parlamento de Galicia. | FOTO: Noelia Caseiro.

Membros da Comisión Delegada do Hospital de Verín, representantes da sección comarcal do movimiento Enfermeiras Eventuais en Loita e grande parte do persoal do centro hospitalario concentráronse esta mañá por espazo de 20 minutos diante das portas de entidade para berrar contra a política de contratación laboral do Servizo Galego de Saúde (Sergas), que permite que dúas terceiras partes do persoal co que conta o Distrito Sanitario nesa institución sexa eventual e con contratos en precario que atentan contra a máis elemental e demandable estabilidade nun sector que amosou ser capital na recente pandemia sufrida polo coronavirus. 

DSC_5496 (FILEminimizer)Os presentes berraron por unha maior estabilidade entre o sector sanitario. | FOTO: Noelia Caseiro. 

No acto reivindicativo estivo unha ampla representación das listas dos principais partidos da oposición no Parlamento galego arestora. Noa Presas, candidata do BNG por Ourense, acompañou ao seu compañeiro de formación e doutor especialista en Medicina Interna, Eugenio Quintas. Tamén estaba alí o tenente de alcalde do Concello de Verín, Diego Lourenzo. "Entendemos que neste contexto de recuperación da actividade sanitaria, despois dos momentos máis intensos da crise do coronavirus, o que precisa o noso sistema sanitario é un reforzo de todo o persoal", defendeu a candidata. Continuou explicando que a cancelación das citas médicas precisa que se amplíen as horas de consulta "tanto na Atención Primaria como nas especialidades para corrixir estes meses de parón".
DSC_5498 (FILEminimizer)Noa Presas, á esquerda do doutor Eugenio Quintas, con Diego Lourenzo á dereita. | FOTO: Noelia Caseiro. 

A cabeza de lista do BNG, Noa Presas, concluíu que todas as persoas que foron contratadas durante o pico da COVID-19 "teñen cabida como reforzo do sistema sanitario. Aquí non sobra ninguén pero hai que respectar o pacto de contratación".

O PSdeG de Ourense, representado polos cabezas de lista

Tamén estaban diante das portas do hospital os dous cabezas de lista polo Partidos dos Socialistas de Galicia por Ourense, a carballiñesa Marina Ortega e o verinense Juan Carlos Francisco

Francisco Rivera e Ortega Otero denunciaron o que eles entenden está a ser un progresivo desmantelamento de servizos claves no Hospital Comarcal de Verín. "Non hai dermatólogo, non hai cardiólogo, o servizo de traumatoloxía está en precario e o futuro da pediatría no aire e cun futuro pouco alentador e prometedor", sinalan os candidatos socialistas que acusan a Feijóo de querer rematar co Hospital Comarcal de Verín nun claro "exercicio de vinganza política trala vitoria acadada polo pobo de toda unha comarca" e que obrigou ao presidente da Xunta a recuar e abrir novamente o paridoiro. Dende o PSdeG-PSOE de Ourense tamén fixeron fincapé na precariedade laboral "absoluta" que viven os sanitarios, con contratos temporais, inestabilidade e futuro incerto, "sinais de identidade da política sanitaria do PP en Ourense e Galicia".

A loita das Enfermeiras Eventuais

É o anterior un dos principais cabalos da batalla do movimiento Enfermeiras Eventuais en Loita de Galicia, que hoxe tamén se presentaron publicamente diante das portas do hospital verinense, onde traballan a maioría da decena de profesionais que representan a esta formación na comarca. Lorena Feijóo apuntou que "moito falan os nosos dirixentes do importantes que fomos na loita contra a pandemia, de que fomos verdadeiros heroes, pero seguen sen darlle a eses heroes a estabilidade que calquera profesional precisa sexa cal sexa a súa responsabilidade. Neste hospital, dous de cada tres sanitarios, fundamentalmente enfermeiras e enfermeiros, son eventuais, coa precariedade que os pactos de contratación representan para a nosa estabilidade", afirmou Lorena Feijóo. 

Moito falan os nosos dirixentes do importantes que fomos na loita contra a pandemia, de que fomos verdadeiros heroes, pero seguen sen darlle a eses heroes a estabilidade que calquera profesional precisa sexa cal sexa a súa responsabilidade (Lorena Feijóo, de Enfermeiras Eventuais En Loita)

Enfermeiras Eventuais En LoitaEnfermeiras Eventuais En Loita conta cunha decena de profesionais na comarca. | FOTO: Noelia Caseiro. 

Aitor Diz, outro dos enfermeiros deste colectivo, puntualizou que "non é de extrañar que non queiran vir médicos para Verín, porque o mesmo que nos fan a nós llo fan a eles. Como podes ter médicos especialistas contratados por meses cando as listas de espera superan o ano?", se preguntaba este profesional sanitario nado no Concello de Vilardevós. 
Enfermeiras Eventuais en Loita da comarca manterá as concentracións que o resto de integrantes do colectivo programan cada día 12 de cada mes ás 12:00 horas por toda a xeografía galega. 

O "gran hospital" que Feijóo prometeu para Verín ten a 2 de cada 3 sanitarios con...