viernes. 26.04.2024
Efectivos sanitarios atendendo aos feridos. | FOTO: Cedida
Efectivos sanitarios atendendo aos feridos do sinistro. | FOTO: Xosé Lois Colmenero

O accidente produciuse pouco antes das seis da tarde e saldouse con tres feridos, un deles grave. Os vehículos involucrados, dous, circulaban pola Autovía das Rías Baixas, á altura de Vilaza en sentido crecente, isto é, en dirección Benavente-Vigo.

O sinistro foi provocado pola colisión por alcance dos dous vehículos; un deles, un Nissan Qashqai de cor negra, impactou por detrás ao outro -Citroën Saxo de cor branca-, o que lle fixo perder a este a traxectoria e chocar directamente coa mediana. O condutor do segundo, un home de mediana idade, quedou atrapado no interior do vehículo. Ante a dúbida da súa gravidade foi mobilizado un helicóptero dos servizos de emerxencia. Para permitir as boas maniobras deste, arestora permanece cortada a circulación na A-52 de maneira momentánea.

Ata o lugar do sinistro tamén se desprazaron efectivos sanitarios en tres ambulancias, os Bombeiros e varias patrullas da Garda Civil de Tráfico. Os feridos xa foron evacuados e trasladados ao hospital de Verín para ser atendidos das súas lesións.

NOTICIAS VERÍN | Tres feridos, un deles de gravidade, tras un accidente de tráfico na A-52