O Sergas vén de informar tamén de novos gromos nas localidades da Gudiña e da Mezquita

Falece un ancián no hospital de Verín na fin de semana na que se rexistraron 20 casos na comarca

Centro de saúde da Mezquita, nunha foto de arquivo.

Vinte novos casos se rexistraron na comarca nesta fin de semana, entre as 15:00 horas do venres e as 9:00 horas deste luns 5 de setembro, no que se coñecía tamén o falecemento doutro ancián no hospital de Verín. 

Acaba de coñecerse o falecemento dun home de 88 anos no hospital público de Verín, nun luns no que se soubo dun espectacular repunte nos positivos durante a fin de semana en toda a comarca, con ata 20 novos casos a primeira hora, segundo os rexistros do Servizo Galego de Saúde

Dende as 15:00 horas do pasado venres ata las 9:00 horas deste luns 5 de outubro, contabilízanse 20 novos casos diagnosticados con PCR, dos cales 14 deles correspóndenlle a Verín, tres novos á Mezquita, e outros tres se reparten entre os concellos de Oímbra, Monterrei e Cualedro. 

Novos gromos en Verín, A Mezquita e A Gudiña


Tamén esta mesma tarde, o Sergas facía pública a relación dos novos gromos rexistrados nas últimas horas:

  • A MEZQUITA: catro casos de tres homes de 55, 54, 33 e unha muller de 94 anos.

 

  • A GUDIÑA: tres novos casos de orixe familiar, con dous homes de 49 e 79 e unha muller de 41 anos.

 

Tamén se coñecía que os surtos localizados en Verín seguían, á súa vez, incrementándose. O gromo social e familiar de 17 casos aumentaba un máis ao engadir a unha muller de 40 anos. O surto de 13 casos subía tamén noutro, co diagnóstico dunha muller de 71 anos.