Terá como argumento o desgraciado asasinato da veciña verinense Isabel Fuentes

Cortes de tráfico na vila pola rodaxe dunha serie de Netflix este xoves | NOTICIAS VERÍN

Comunicado do Concello de Verín advertindo dos cortes nas rúas.

O Concello de Verín informou de que este xoves 6 de novembro se producirán diversos cortes de tráfico e restricións de estacionamento con motivo da filmación dunha serie da plataforma Netflix no núcleo urbano.

As limitacións afectarán ás seguintes rúas e franxas horarias:

🚧 De 08:00 a 13:00 horas

(restricións de circulación e estacionamento)

  • Praza García Barbón

  • Rúa Lisa

  • Rúa da Cruz

🚧 De 15:00 a 19:00 horas

(restricións de circulación)

  • Avenida de Portugal (no tramo entre Rúa Constitución e Avenida Luis Espada)

Dende o Concello solicítase a colaboración da cidadanía e desculpan as posibles molestias que estas medidas poidan ocasionar, lembrando que se trata dunha actividade de especial relevancia para a promoción e proxección do municipio.