Xoves. 28.03.2024
Unha das monodoses que hoxe se empregou no punto de vacinación Covid de Verín.

Cunha cobertura do 90,7%, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras afronta estes días a recta final da vacinación a domicilio das persoas inmobilizadas ou grandes dependentes, que se iniciou o pasado día 5 de abril e que agora se axilizará co emprego, desde hoxe, das novas vacinas monodose de Janssen que farán innecesaria a segunda quenda para este colectivo. 

Na actualidade en Ourense 3.446 persoas pertencentes a este colectivo, o 90,7%, xa recibiron canda menos unha dose da vacina fronte a Covid, e só restan por recibila 249 persoas. A vacina empregada ata agora foi a de Pfizer, viais con seis doses e un tempo de viabilidade limitado, unha vez reconstituída, o que dificulta o seu uso en diferentes puntos, e obrigando ademais a inxectar dúas doses, separadas no tempo.

CORONAVIRUS-VERÍN-VACINA JANSSENUn dos maiores que este xoves recibiu na súa casa a un equipo de vacinación do Sergas. 

Por elo, esta parte do proceso de vacinación ten sido especialmente complexa na nosa provincia, tendo en conta o volume de poboación a vacinar, 3.798 persoas, e a súa dispersión poboacional, con pacientes en todos os concellos e en moitas ocasións en pequenas localidades do rural alonxadas entre si.

Trinta pacientes xa vacinados con Janssen no distrito verinense

A administración da segunda dose a domicilio iniciase precisamente o vindeiro martes en Ourense. Quenda que xa non será precisa nos trinta primeiros pacientes que a recibiron hoxe no seu domicilio, do Punto de Vacinación de Verín, desde onde partiron a distintas localidades dos concellos adscritos como Laza ou Vilardevós.

O proceso de vacinación a domicilio pivota novamente sobre a enfermería de atención primaria en coordinación cos equipos especiais de vacinación Covid, que reciben os viais nos Servizos de Atención Primaria, ou puntos vacinais que coinciden coas cabeceiras de comarca e os sete centros de saúde da cidade de Ourense, e os distribúen entre o persoal de cada centro de saúde que parten desde alí aos domicilios dos seus pacientes.

Segundo algúns dos datos recollidos da vacinación deste colectivo, os pacientes vacinados a domicilio son na súa maioría maiores de 70 anos (o 95,6%) e destaca especialmente a alta porcentaxe de maiores de 90, que representan o 41,5% e unha estimable representación de maiores de 100 anos

CORONAVIRUS VERÍN | Trinta maiores da comarca, os primeiros vacinados con Janssen na...