Vilardevós e Riós, libres de Covid
CORONAVIRUS VERÍN | Tendencia á baixa na comarca excepto en Laza que suma un positivo
30 de agosto de 2021 (13:38 h.)
Novos datos proporcionados polo Servizo Galego de Saúde no día de hoxe sobre a incidencia da Covid-19 na comarca, que arestora conta cun total de 52 contaxiados.
A tendencia na maioría de concellos está á baixa excepto en Laza, que incrementa un positivo nestas últimas 24 horas. Cualedro e Verín rexistran descensos e, tal e como adiantaba onte este medio, Vilardevós súmase a Riós e xa son os únicos dous municipios con influencia cero.
Os casos xerais quedan así:
- Verín: 38 (-1)
- Laza: 5 (+1)
- Cualedro: 4 (-1)
- Monterrei e Oímbra: 2
- Castrelo do Val: 1
- Vilardevós: 0 (-2)
- Riós: 0