O encontro terá lugar este venres día 26 de febreiro, ás 20:00 horas, e poderá ser seguido por Diario do Támega

O conservatorio de Verín conmemora o día de Rosalía cunha charla e un pequeno concerto de Clásicos Libres vía web

Charla do grupo Clásicos Libres, o venres 26 de febreiro, ás 20:00 horas, para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro. | FOTO: CMUS.

Liderada polas irmás galegas Adriana e Ánxela Arias, Clásicos Libres é unha formación internacional de músicos de influencia clásica, que achegará este venres parte do seu repertorio, onde a escritora galega ten unha considerable influencia. 

O Conservatorio de Música Profesional de Verín, coa colaboración da ANPA (Asociación de Pais e Nais de Alumnos), invita ao alumnado do centro a unha charla para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro. A reunión será o venres día 26 de febreiro, ás 20:00 horas, por vía telemática, a través da plataforma Google Meet

A videoconferencia será impartida polo grupo Clásicos Libres, formación internacional de músicos de influencia clásica liderada polas irmás galegas Adriana e Ánxela Arias. Falarán sobre a súa música, baseada en poemas de Rosalía, anécdotas sobre a súa traxectoria e ofrecerán un amplio abanico de temas musicais. 

A conversa abrirase ás 19:45 horas e poderase acceder por medio da ligazón meet.google.com/qug-kqun-ods, aínda que Diario do Támega retransmitirá integramente o encontro telemático dende a súa páxina de Facebook

Cartel do encontro