sábado 28/05/22
220513-MESA-XERAL-NEGOCIACION_CONCELLO-DE-VERIN
Mesa Xeral de Negociación do Concello de Verín.

O Concello celebrou esta venres a Mesa Xeral de Negociación para aprobar a Oferta de Emprego Público extraordinaria, en aplicación da Lei 20/2021 de medidas urxentes para redución da temporalidade no emprego. Grazas ao acordo aprobado na casa do concello, entre o Concello e os sindicatos participantes (CIG, CCOO e CSIF), todos aqueles postos ocupados por traballadores temporais que reúnan os requisitos esixidos pola lei van adquirir ben mediante un sistema de méritos ou ben por concurso-oposición a súa praza fixa.

 

 

O Concello de Verín conta cun persoal actual de funcionarios, persoal laboral fixo, e persoal temporal, indefinidos e subrogados que se sitúan en 200 traballadores. Por outra banda, tamén é o concello da provincia onde máis emprego estable se consolidará -a finais do 2024 ten que rematar este proceso- cun total de 89 prazas (todo iso sen contar cos case 70 traballadores subrogados por este goberno municipal desde o ano 2015 que non se inclúen neste proceso de estabilización).

Esto é posible grazas a decisión tomada no seu día polo grupo de goberno, encabezado polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane, da remunicipalización progresiva de servizos, tales como a limpeza edificios, aparcadoiro subterráneo, limpeza viaria, Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR), servizo de dependencia, e o servizo de recollida de Residuos Sólidos Urbanos (RSU).

 

 

Grazas a iso, posibilitouse a creación dun emprego público e con garantías para os seus traballadores, que agora non se someten ao proceso de estabilización xa que segundo sentenza do Tribunal Supremo, establécese a fixeza no propio ámbito, unha fixeza funcional e non adquirida incondicionalmente.

 

 

A segunda tenente de alcalde, a socialista Rosario Rodríguez. 

 

Na historia deste Concello non houbo un proceso de consolidación de tanta envergadura como o que se aproba hoxe (Rosario Rodríguez, Concelleira de Recursos Humanos e Réxime Interior)

 

 

Segundo explicou a concelleira de Recursos Humanos e Réxime Interior, Rosario Rodríguez Delgado: "Na historia deste Concello non houbo un proceso de consolidación de tanta envergadura como o que se aproba hoxe, por tanto, hoxe felicito aos sindicatos, os 3 representativos da Mesa xeral: CIG, CCOO e CSIF e ao goberno que represento por chegar a este gran acordo que se traduce en emprego estable". Por outra banda, Rodríguez Delgado quixo "felicitar a todos os trabadores temporais que van poder optar á súa praza fixa, e transmítolles calma e ánimo para afrontar este proceso".

 

Así pois, serán case 40 postos de traballo diferentes que pertencen a todas as áreas municipais, (conservatorio, servizos sociais, artes e oficios, deportes, vías e obras, parques e xardíns, limpeza viaria e de edificios e axuda domicilio) e un total de 89 prazas a cubrir. A publicación da convocatoria destes procesos selectivos deberá producirse antes do 31 de decembro do 2022 e a resolución dos procesos antes do 31 de decembro do 2024.

NOTICIAS VERÍN | O Concello de Verín consolida emprego convertindo en fixos 89 postos...
comentarios