O alcalde de A Mezquita ofrece os seus vehículos para ir de xeito gratuíto a protestar a Compostela

Comezan as primeiras adhesións para convocar unha manifestación en Santiago se non vén o conselleiro a Verín

A empresa de transporte de viaxeiros M. Pérez ofrece a súa flota de autobuses para viaxar á concentración de Santiago.

Comezan as primeiras adhesións a una previsible manifestación na capital de Compostela se é que o conselleiro de Sanidade, Xesús Vázquez Almuíña, non comparece en Verín a dar explicacións ao medio cento de concentrados no interior das portas do despacho do xerente, Miguel Abad.

Un dos autobuses da empresa M. Pérez de A Mezquita. 

Rafael Pérez, alcalde de A Mezquita e empresario do sector do transporte de viaxeiros, anunciou a Diario do Támega que nos seus autobuses viaxarase gratis a Santiago para participar nunha previsible concentración ás portas da Xunta de Galicia se é que o conselleiro de Sanidade, Xesús Vázquez Almuíña non se achega ata Verín para falar cos concentrados.