jueves. 25.04.2024
Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, celebrada o 21 de maio de 2021
A Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, celebrada o 21 de maio no Parlamento de Galicia. | FOTO: Cedida

A deputada do Bloque Nacionalista Galego por Ourense, Noa Presas, presentou o pasado venres na Comisión Terceira do Parlamento de Galicia, unha proposición non de lei para compensar o forte impacto económico que tivo o peche da fronteira Chaves-Verín no comercio transfronteirizo. "É un problema xeral de toda Galicia pero en concreto nesta zona de Ourense. A situación económica previa á pandemia era máis débil aquí que na parte máis atlántica", afirmou Noa Presas. "Coa pandemia foi necesario tomar medidas de restrición da mobilidade, si. Esta iniciativa non cuestiona ese peche das fronteiras senón como se aplicou en cada caso concreto", engadiu.

Por iso, considera que o Goberno galego debe levar a cabo agora unha serie de actuacións para beneficiar aos comerciantes da zona, seriamente afectados durante meses. "En Feces de Abaixo, máis dun 90 por cento das persoas que atende o comercio local vén de Portugal e en moitos casos, o contacto vai máis aló dunha relación profesional". Para o Bloque Nacionalista Galego, a Xunta estivo "bastante relaxada" nesta cuestión e "foron os afectados, en particular os da Eurocidade, os que se moveron. Fixeron varias mobilizacións e reuníronse co subdelegado do Goberno en Ourense aínda que non lles servise de nada"

As propostas

A iniciativa contempla un total de tres actuacións, comezando pola realización dun estudo, en colaboración co Sistema Universitario Galego, para evaluar o impacto da Covid e do peche da fronteira nas actividades económicas dos concellos transfronteirizos. Unha vez ese estudo estea rematado e se poidan contificar todos os danos, propoñen impulsar un plan de compensación económica con cargo a fondos propios, estatais ou europeos en colaboración coas distintas administracións e coas Agrupacións Europeas de Cooperación Territorial, destinado a tódolos afectados. E, por último, a demanda de fondos extraordinarios no marco do Plan Europeo da Recuperacion Pos-Covid-19; así como a posta en marcha dun Investimento Territorial Integrado de carácter trasnfronteirizo entre Galicia e Portugal, con fondos europeos, como instrumento para a reactivación económica da zona.  

A proposta presentada foi sometida a votación e posteriormente aprobada pola unanimidade dos 12 deputados presentes, previa modificación do texto orixinal. 

NOTICIAS VERÍN | O BNG solicita no Parlamento de Galicia axudas específicas para os...