martes. 16.04.2024
El carismático "Teo", uno de los gatos que dejó unha honda huella tras su partida.
O carismático "Teo", un dos gatos que deixou unha fonda pegada tras a súa marcha. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

O termo eutanasia deriva dos vocablos gregos eu que significa bo e thanatos que significa morte, polo que o seu significado etimolóxico é boa morte. No transcurso da historia fóronselle atribuíndo diferentes significados, morte rápida e sen dor, morte tranquila, doada, suave ou incluso morte doce. Hoxe en día, no que a eutanasia e todo o que implica está a entrar no debate político e público, e no que só ver a propia palabra pode provocar un sentimento de contrariedade, quero lembrar que as profesionais veterinarias levamos anos enfrontándonos emocionalmente á aplicación deste procedemento nas mascotas.

É moi importante aínda así entender que eutanasia e sacrificio non son o mesmo e existe entre elas unha gran diferencia

O momento de tomar esta decisión nunca é fácil para ninguén e por iso é tan duro transmitir a opción da boa morte. É moi importante aínda así entender que eutanasia e sacrificio non son o mesmo e existe entre elas unha gran diferencia. O sacrificio é inducir a morte dun animal san, ou cunha enfermidade tratable. Vén sendo unha resposta tradicional e que é necesario extinguir, pois acaba coa vontade de vida dun ser ó que lle falta un propietario responsable. Unha enfermidade terminal, ou a vellez ou idade xeriátrica propiamente dita pode implicar coidados compasivos, moitos clínicos e outros no propio fogar como son alimentar pola man, asear, poñer cueiros e aplicar medicacións, atencións valiosas pero encamiñadas non á resolución senón a facer máis levadeiros os derradeiros días da mascota.

WhatsApp Image 2020-12-11 at 15.32.11

Cando os efectos dunha enfermidade incurable menoscaban significativamente a calidade de vida do animal é momento de tomar a dura decisión

A morte natural é o que moitos de nós lle desexamos a aqueles que coñecemos dende cachorros, que levan vivindo dez, doce ou quince anos con nós, ós que coidamos e deixan unha pegada importante. Forman parte da nosa familia, da nosa vida e a idea da súa partida resúltanos dura, polo que nos aferramos a unha morte natural. A teoría, sen embargo, dunha morte natural é, en moitas ocasións, utópica. Nunha parte dos casos, a morte natural implica sufrimento prolongado e non sempre evidente, xa que os cans e os gatos aguantan o padecemento dunha maneira máis estoica que os humanos. Cando os efectos dunha enfermidade incurable menoscaban significativamente a calidade de vida do animal é momento de tomar a dura decisión.

A eutanasia hai que entendela como un dereito do animal a non sufrir inutilmente cando a natureza impuxo un padecemento incurable. Algúns responsables de mascotas senten que non é correcto decidir sobre a vida doutro ser cando este non pode expresar o seu consentimento. As veterinarias xunto cos responsables dos nosos pacientes debemos sopesar e comunicar obxectivamente o prognóstico, as posibilidades de recuperación, a ausencia ou non de sufrimento e o grado de benestar. En xeral buscamos co noso acompañamento e labor asegurar unha morte pacífica a este animal.

Cando os efectos dunha enfermidade incurable menoscaban significativamente a calidade de vida do animal é momento de tomar a dura decisión

A eutanasia é unha das conversas máis difíciles e incómodas que como veterinarias temos que ter coa familia dos nosos pacientes, e por desgraza, das máis comúns, mais a decisión nunca é das profesionais veterinarias. Sexa cal sexa a decisión, a labor das veterinarias clínicas é acompañar ó responsable do animal na súa elección.

OPINIÓN | A difícil decisión de aplicar a eutanasia á túa mascota