Xoves. 28.03.2024
Díaz Mouteira, a delegada autonómica, recibiu ao rexedor Veiga Romero para avaliar, tamén, o conseguido nos últimos catro anos

Xunta e Concello de Riós fixan a folla de ruta para o vindeiro mandato municipal

Marisol Díaz Mouteira, a delegada territorial da Xunta en Ourense, mantén a quenda de encontros cos alcaldes de provincia. O deste luns tivo por protagonista a Francisco Armando Veiga, rexedor de Riós. Os dous representantes repasaron as achegas autonómicas dos últimos catro anos e fixaron a folla de ruta do mandato municipal que acaba de comezar.

080719 alcalde Rios1
Marisol Díaz Mouteira e o rexedor de Riós, Francisco Armando Veiga.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu este luns ao alcalde do concello de Riós, Francisco Armando Veiga Romero, rexedor desta localidade desde hai 26 anos. Esta xuntanza foi unha das máis que está mantendo a máxima representante da Xunta na provincia para facer balance da colaboración entre o ente autonómico e Concellos nos últimos catro anos, así como tamén avaliar os proxectos que aínda están en marcha e determinar a folla de ruta do vindeiro mandato dos munícipes.

A representante do executivo autonómico en Ourense expresoulle a Veiga Romero “todo o apoio, diálogo e cooperación da Xunta” co fin de obter a coordinación necesaria coa Administración local. Ambos repasaron as achegas que o departamento autonómico fixo nos últimos catro anos, de máis de 2,5 millóns de euros. Así, as diferentes consellerías da Xunta concederon ao municipio de Riós máis de 608.000 euros en materia de subvencións; máis de 1,3 millóns de euros en convenios; e máis de 640.000 euros pertencentes a outras actuacións.

Esas aportacións posibilitaron a mellora de infraestruturas de uso público e de estradas, distintas iniciativas relacionadas coa prevención e defensa contra os incendios forestais, a captación e acometida de auga ao depósito de Vendas da Barreira, o arranxo da contorna da igrexa de Santa María, a posta en marcha de varios obradoiros de emprego conxuntamente con outros concellos, a  recuperación do miradoiro paisaxístico de Fumaces, e o saneamento en Florderrei, entre outras actuacións.

Xunta e Concello de Riós fixan a folla de ruta para o vindeiro mandato municipal