
Arredor das 12:40 horas da mañá deste sábado 1 de febreiro, un Mazda serie 3 comezou a arder de forma espontánea. O turismo, duns 15 anos de antigüidade, atopábase no punto quilométrico 145 da A-52 (Benavente - Porriño), a un quilómetro da saída cara Riós, dirección Madrid.
O condutor, José F. D., de 68 anos, que circulaba dende Ourense ata A Gudiña, percatouse de que da parte do motor comezaba a saír fumo, polo que detuvo o vehículo na beiravía e, inmediatamente, viu que había lume no habitáculo. Afortuadamente puido saír do turismo sen sufrir danos persoais. Con todo, o turismo resultou sinistro total.
Para atender esta incidencia foi preciso mobilizar dúas dotacións de Bombeiros de Verín e unha patrulla de motoristas do destacamento de Tráfico da Garda Civil de Verín, que se encargou de auxiliar ao condutor e dar seguridade aos servizos de emerxencia que estaban a intervir.
Non é un caso illado, pois xa son coñecidas moitas situacións similares na comarca.