20:31 do 5 de setembro de 2020
O Servizo de Comunicación do Sergas en Ourense vén de confirmar un novo gromo de outras tres persoas, todas elas mulleres, no Concello do Riós. Segundo informan fontes oficiais, as afectadas teñen 66, e dúas delas, 64 anos e pertencen á mesma unidade familiar.
Con estes tres novos positivos, serían 7 as persoas infectadas que residen no Concello de Riós, aínda que os dous gromos localizados nos últimos días no municipio elevan o número de infectados -con residencia noutros concellos- ata un total de once.