Riós estará de festa o vindeiro domingo 7 de novembro de 2021 para reivindicarse, un ano máis, como un dos concellos pioneiros á hora de pór en valor os produtos do monte, de xeito moi singular as castañas e os cogumelos, verdadeiros protagonistas da festa que lle dá nome.
Nese día de festa, que se ve reducido por prudencia á mañá do domingo, non faltarán a animación musical, as receitas, a entrega dos premios "Castaña de ouro", a comida oficial das autoridades e participantes ou a degustación dos produtos típicos do municipio no posto habilitado polo Concello de Riós, ao prezo de catro euros.
Programa de actividades
10:30 h. no recinto feiral: Apertura dos stands da Feira.
10:30 h. No antigo local do Santander: Apertura da Exposición de Anabel Dacosta, de produtos elaborados con castaña.
12:00 h. no recinto feiral: Recepción de autoridades, visita oficial aos stands e exposicións. Pasarrúas e actuación da Banda de gaitas do Concello de Riós.
12:30 h. no salón de plenos do Concello: Entrega da "Castaña de Ouro" a Alejandro Sánchez de Diós, Subdirector de Movilidade de Terras e Responsable do Banco de Terras da Xunta de Galicia.
13:00 h. no recinto feiral: Degustación de produtos típicos como chourizos, castañas asadas, pan e bebida no posto de venda do Concello. O prezo será de castro euros. Tamén haberá pulpeiras a prezos populares.
14:00 h. nos restaurantes do Concello: Menús especiais con produtos da tempada.