jueves. 25.04.2024
Rafa Villarino -centro-, co voceiro en Riós, Daniel Caneiro, e a secretaria comarcal, Marina Vaz.
Rafa Villarino -centro-, co voceiro en Riós, Daniel Caneiro, e a secretaria comarcal, Marina Vaz.

A partires das nove da noite deste venres 17 de xuño, no restaurante "Bayona" -Pilas- de As Ferreiras (Riós), están convocados todos os militantes e simpatizantes das comarcas de Verín e Conso - Frieiras a unha cea de confratenización que sentará as principais bases da precampaña cara as municipais do vindeiro mes de maio de 2023. 

Marina Vaz, a secretaria comarcal da formación, ten claro que "esta será a primeira de moitas destas xuntanzas, porque quero pórlle cara a todos os militantes do meu partido nas dúas comarcas. Só conseguiremos resultados se xeramos ilusión e traballamos en equipo. Con esta xuntanza queremos facer grupo, amosar a unidade desta histórica formación e traballar, dende xa, para desbancar ao Partido Popular dos concellos da comarca e ao seu presidente provincial da Deputación", sinalou a esta redación. 

No convite participarán, entre outros, deputados autonómicos do PSdeG, parlamentarios nas Cortes Generales e tamén o secretario provincial do PSdeG, Rafael Rodríguez Villarino, que estará acompañado polo seu escudeiro Diego Alonso, secretario de organización en Ourense.

O menú constará de primeiros variados, carne ou peixe a escoller para o segundo e a oportuna sobremesa. Ladairo, no tinto, e Fragas de Lecer co branco, serán os viños de denominación escollidos. O prezo fíxase nos 25 euros por persoa. 

Todos aqueles que estén interesados en acudir á cea poderan contactar directamente co teléfono da organización: 648547860.

O PSdeG da comarca organiza unha cea para todos os militantes e simpatizantes, en Riós