viernes. 26.04.2024
Vista aérea do núcleo do Navallo, en Riós.
Vista aérea do núcleo do Navallo, en Riós.

O Concello de Riós e a Consellería de Infraestructuras e Mobilidade colaborarán nunha actuación para mellorar as redes de augas do núcleo do Navallo. Os traballos consistirán en actualizar o sistema de abastecemento e saneamento, substituíndo as canalizacións actuais que teñen máis de 30 anos.

A inversión superará os 405.000 euros, dos cales a Xunta de Galicia aportará máis 325.000 e o Concello superará os 80.000. O obxectivo desta actuación é completar definitivamente a renovación e mellora das redes de abastecemento e saneamento existentes na parroquia de San Vicente do Navallo, proporcionando servizos básicos que faciliten a implantación de actividades que poidan xerar emprego e fixar a poboación.

Augas de Galicia será a responsable do contratación e a execución das obras, así como a súa dirección e xestión ata completar a súa finalización. Por outra banda, o Concello encargarase das xestións pertinentes para permitir a execución desta obras, pero tamén a a recepción, mantemento e conservación das actuacións que se leven a cabo.

O núcleo dotarase dunha nova rede de saneamento de augas residuais que será de tipo separativo, por gravidade, e inclúe a execución de 4 colectores, 9 ramais e 59 pozos de rexistro. A mellora proxectada supón unha lonxitude total de 1.442 metros para dar servizo a un total de 66 vivendas.

En canto as actuación no sistema de abastecemento de augas potables, as obras dotarán ó núcleo dunha mellora que partirá do depósito regulador actual para dar servizo a 76 vivendas mediante unha rede de distribución ramificada, polas características viarias do núcleo, e con zonas de deseño mallado onde sexa posible. A lonxitude total da mellora da rede proxectada é de algo máis de 2.000 metros. 

O Consello da Xunta aprobou esta semana o convenio, que está á espera de ser firmado e así iniciar neste ano os trámites para licitar as obras. A previsión é executar os traballos e entregar ao Concello as novas infraestruturas hidráulicas durante o vindeiro ano.

NOTICIAS VERÍN | O núcleo do Navallo, en Riós, mellorará o abastecemento e saneamento...