jueves. 25.04.2024
Programación do Foro da Castaña de Riós.
Programación do Foro da Castaña de Riós.

O primeiro Foro da Castaña, organizado polo Concello de Riós en colaboración coa Consellería de Medio Rural, empeza mañá dous intensos días de programación destinada ós produtores deste froito. A xornada deste venres estará adicada de forma máis teórica a este sector, con numerosas ponencias dende a mañá ata a tarde, mentres que o sábado será máis práctico.

As conferencias de mañá, que terán lugar no Edificio Multiusos de Riós, serán variadas e abordarán diversos temas. Falarase das oportunidades de emprender neste sector dende Galicia, con exemplos de empresas que viven del. Tamén se tratarán aspectos máis técnicos sobre a castaña, do seu cultivo e coidado. A participación nos relatorios sairá das fronteiras galegas e contarase con Pablo Linares, director da Mesa del Castaño del Bierzo, para falar de castiñeiro e cultura.

O sábado, os asistentes desfrutarán dunha visita a Carrazedo de Montenegro, no municipio portugués de Valpaços. Durante esta xornada, coñecerán o lugar máis grande de Europa de castiñeiro "xudía" e a unha empresa de recollida e transformación de castaña.

NOTICIAS VERÍN | Os produtores de castaña teñen unha cita esta fin de semana en Riós