
Os veciños de Castrelo de Cima, en Riós, están de festa. Despois de dous anos sen poder celebrar pola pandemia, mañá recuperarán unha das súas tradicións máis lonxevas. A Gran Queimada cumplirá 49 anos na noite do venres para o sábado, en concreto ás 02:00 horas. "Hay muchas ganas de volver a tenerla", reconoce Begoña Luís, de la Asociación Os Queimas.
Aínda que a cita máis esperada sexa de madrugada, pola mañá haberá unha alborada e un pasarrúas para dar comezo ó día. Ás 13:00 horas terán unha misa na honra da Virxe dos Remedios que dará paso a unha sesión vermú na plaza da localidade. Pola tarde terán diferentes actividades como petanca, tute e futbolín e a Gran Queimada quentará motores a partir das 18:00 horas. "Un carro antiguo saldrá por las calles, con algunos vecinos disfrazados, para comenzar a despertar el espíritu de la fiesta", explica Luís.
Antes da Gran Queimada, o grupo Xoldra amenizará a noite no campo da festa. Ás 02:00 horas comezará o festexo de verdade cunha temática que será "sorpresa" para os asistentes. Un carro e un pote para facer a queimada aparecerán na escura noite para botar os meigallos fóra.
Dende a Asociación Os Queimas está na traballar para que esta festa consiga a declaración de interese turístico, distinción que xa ten a Festa da Castaña. "Estamos recopilando información y fotos para hacer la solicitud", sinala Luís. Mentres están niso, o próximo ano tirarán a casa pola ventá para festexar o medio século de tradición da Gran Queimada de Castrelo de Cima.
