
O Concello de Riós viuse na obriga de tomar medidas máis restritivas en canto ao subministro de auga de xestión municipal. Desde fai case un mes, apelan á responsabilidade da veciñanza para evitar maiores cortes, que finalmente foron inevitables.
A semana pasada comezaron os cortes de auga só polas noites nas Vendas, Riós, Romariz, Ferreiras e Marcelín. Agora, a alcaldesa, Eva Barrio, anunciou que o subministro municipal estará operativo de 8:00 a 11:00 horas e de 19:00 a 22:00 nestas cinco localidades. Polo tanto, estes veciños de Riós só contarán seis horas de auga ó día.
Barrio pide "un uso cívico" deste prezado ben por parte de todos os veciños e advirte que, "de non chover nos próximos días, a situación será moi difícil". A zona de capatación de auga do río para abastecer ó municipio está cuns niveis moi baixos, o que complica que os fogares podian ter agua con normalidade.
A alcaldesa pide ao resto da veciñanza dos demais núcleos de poboación "civismo", xa que as restricións poden chegar a afectar a máis localidades.
