jueves. 18.04.2024
Bando no que se avisa dos cortes de auga en Riós, asinado pola alcaldesa, Eva Barrio.
Bando no que se avisa dos cortes de auga en Riós, asinado pola alcaldesa, Eva Barrio.

O pasado 11 de agosto, o Concello de Riós alertaba do elevado consumo de auga no municipio, polo que se lle pediu á veciñanza que reducira o seu gasto no contexto de seca actual. Case dúas semanas despois, anuncian que teñen que aplicar medidas máis restritivas dado que ese consumo non descendeu.

Hoxe publicaron un bando, asinado pola alcaldesa, Eva Barrio, no que se anuncian cortes de auga entre as 23:30 e as 7:30 horas. As poblacións que se verán afectadas son as de Ventas, Riós, Ferreiras, Marcelín e Romariz. "Debido ás condicións de seca que estamos a sufrir, e ó non notar unha redución no consumo de auga, a pesar de facer varios avisos, vémonos na obriga de cortala", sinala o documento.

 

A medida manterase activa "ata novo aviso", sen descartar outras actuacións se o consumo non se logra minimizar.

NOTICIAS VERÍN | O Concello de Riós anuncia cortes nocturnos no subministro de auga