martes. 23.04.2024
Os catro gatos que están coidando en Pro Animales, que precisan dunha adopción urxente.
Os catro gatos que están coidando en Pro Animales precisan dunha adopción urxente.

A barbarie dun veciño de Riós fixo actuar ás autoridades para rematar co maltrato que exercía sobre as súas mascotas. Pro Animales Verín recibiu una aviso do que acontecía e deseguida o puxeron en coñecemento da Garda Civil. "A nosotros nos dieron aviso de que era un auténtico horror lo que se les hacía y llamamos a quien correspondía", explica Veves Gascón, portavoz da asociación.

Os axentes da Garda Civil comezaron a investigar e as pesquisas remataron coa súa intervención, levándose a todos os animais que tiña este home de Riós ó seu cargo. "El proceso fue bastante rápido y al final se sacó a todos los animales que allí había", conta Gascón. Os únicos que sobreviviron foron un can, que xa se atopa na canceira da Deputación, e cinco gatos. Catro deles atópanse en Pro Animales e unha fuxiu, aínda que se está a buscar.

Na protectora piden axuda urxente para encontrarlle un fogar de acollida a estes gatos que xa o pasaron bastante mal co seu dono. "Estamos saturadísimos, no tenemos sitio para ellos. Esperamos que aparezca alguien que se pueda hacer cargo, sinala Gascón.

Estos animales sufrieron torturas de todo tipo. Había que sacarlos de allí por su seguridad, no podían seguir con un psicópata (Veves Gascón, portavoz de Pro Animales Verín)

Ao entrar no domicilio do maltratador, a imaxe que se atoparon foi a de algúns animais mortos a causa da violencia que o seu dono exerceu con eles. Falecidos por culpa dos golpes, pérdida de ollos e lesións con líquidos abrasivos son algunhas das cousas que lles fixo, segundo Pro Animales. "Ahí había torturas de todo tipo", lamenta Gascón. As gatas, ao non estar esterilizadas, tiñan constamente novas camadas de gatiños que eran maltratados nada máis nacer.

Unha das dúas gatas que están coidado na protectora perdeu un ollo e un veterinario revisará o seu estado de saúde, xa que foi a que máis sufriu a violencia do seu dono. A outra gata e os dous gatiños non amosan lesións, aínda que tamén se levarán a un especialista. "Había que sacarlos de allí por su seguridad, no podíamos dejarlos con un psicópata", asegura Gascón.

Desde Pro Animales buscan familias que lle queiran dar un fogar a estes gatos, que xa sufriron bastante. Os que estén interesados en coidar dalgún deles pode contactar coa protectora no número 637 465 364.

NOTICIAS VERÍN | Rescatan da morte a seis animais maltratados polo seu dono en Riós