
Lara Blanco
17:22 do 12 de xullo de 2023
A Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña (Fegalcat) elexiu en asamblea ás persoas e entidades ás que lle concederá os seus premios Alecríns 2023, entre os que destaca Rubén Riós. O actor e director orriolense é un dos 17 premiados, que recollerá este recoñecemento o vindeiro 9 de agosto en Castro Caldelas, onde a entidade catalá celebrará a súa Xuntanza en Galicia.
Rubén Riós recibirá o Alecrín no eido de comunicador con maior impacto social pola súa carreira. E non será a única presenza da comarca, xa que a Fegalcat tamén recoñece o traballo de Augas de Sousas co Alecrín no edio empresarial galego. Otros ourensáns premiados son Acisclo Manzano, no ámbito das artes; ou a Academia Postal Ourense pola súa defensa do galego.