22 de agosto de 2024, 18:29
O vindeiro luns 2 de setembro arrinca na Radio Galega un novo espazo de entrevistas que dirixirá e presentará o actor e director de cinema orriolense, Rubén Riós.
Riós debuta como presentador radiofónico co programa "Seres de ben", que terá, como vén sendo xa moi habitual na súa prolífica carreira audiovisual, unha clara liña social e reivindicativa de todas aquelas persoas que adican todo ou parte do seu tempo a mellorar a vida dos seus conxéneres.
Tamén haberá sitio para aqueles "seres" que contan con algunha limitación ou discapacidade, malia á que chegaron a conquerir éxitos destacados.
Rubén Riós estará en antena de luns a xoves, dende a medianoite e até a unha da madrugada.