jueves. 02.05.2024
castañas
Os premios serán entregados durante a celebración da XXVIII Festa da Castaña e do Cogomelo de Riós.

O Concello de Riós, xunto co CEIP das Vendas da Barreira e coa coa colaboración de Pecado de Outono, organiza un concurso de debuxo infantil para a cativada matriculada niste curso académico co colexio das Vendas da Barreira.

Cada participante deberá presentar un debuxo, utilizando a técnica e o material que quera, centrado na xa tradicional feira de exaltación dos produtos do Riós: as castañas e os cogomelos. Poderán presentar as súas obras ata o vindeiro 24 de outubro no centro educativo das Vendas da Barreira.

Establécense tres categorías. Unha para Educación Infantil; outra para o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria; e a terceira, para cativada de 4º. 5º e 6º de Educación Primaria.

O xurado entregará os premios o día 5 de novembro, coincidindo coa celebración da XXVIII Festa da Castaña e do Cogomelo de Riós. Os debuxos estarán expostos e os premios consistirán nun cheque por valor de 30€ para material didáctico.

NOTICIAS VERÍN | Concurso de debuxo infantil en Riós con motivo da 'Festa da castaña e...