miércoles. 24.04.2024
Vista aérea do Foxo do Lobo. | IMAXE: Felipe Cortizo
Vista aérea do Foxo do Lobo. | IMAXE: Felipe Cortizo

Nos límites de Riós e A Gudiña agóchase un verdadeiro tesouro entre árbores e pedregosas montañas: o Foxo do Lobo. É unha desas construcións típicas do noroeste peninsular que delatan a presenza destes animais, grandes depredadores históricos da zona, que dan a coñecer a maneira en que os habitantes, por aquel entón, trataban de defenderse deles.

Agora, esa historia está dispoñible de preto coa andaina popular, de 17 quilómetros, que o Concello de Riós organiza ao lugar o vindeiro día 19 de setembro ás 9:30h. Para realizar esta actividade, enmarcada no programa 'O teu Xacobeo', será necesaria inscrición previa e terá un custo por persoa de 10€, pois inclúe xantar e avituallamento.

Para realizar a súa reserva de praza deben poñerse en contacto co teléfono 988 425 032, co correo [email protected] ou coa tenda Multisport situada na rúa Irmáns Moreno, 19, de Verín.

Andaina ao Foxo do Lobo, entre Riós e A Gudiña.Andaina ao Foxo do Lobo, entre Riós e A Gudiña.

NOTICIAS VERÍN | Riós organiza unha andaina polo seu gran tesouro: o Foxo do Lobo