miércoles. 08.05.2024
Información sobre o obradoiro do Riós.
Información sobre o obradoiro do Riós.

Dende o vindeiro 11 de abril e ata o 26 do mesmo mes estaranse a desenrolar obradoiros para o aproveitamento de plantas do noso entorno nos concellos do Riós e da Mezquita

O Riós centrarase no obradoiro Herbas das mulleres (que se celebrará o 11, 18 e 25 de abril de 18:30 a 20:30 h) e A Mezquita no de Cosmética Consciente  (os días 12, 19 e 26 de abril de 18:30 a 20:30 h). Entre os seus programas atopamos actividades como: identificación e recolleita de plantas medicinais, partilla de coñecementos sobre as plantas medicinais e o empoderamento e recoñecemento das mulleres.

Os obradoiros impartiranse nos Edificios Multiusos dos concellos do Riós e da Mezquita e para anotarse será necesario chamar ós seguintes números de télefono: 

O Riós:

  • 988 42 50 32
  • 988 59 44 87

A Mezquita:

  • 988 42 55 41

As prazas son limitadas en ámbolos dous obradoiros. Ó remate de cada un deles tódolos participantes poderán levar unha mostra dos produtos realizados e un manual cos contidos vistos durante os mesmos. 

NOTICIAS VERÍN | O Riós e A Mezquita preparan obradoiros para o aproveitamento de...